Novo Walkman de Sony con grande autonomía

luns, 22 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Os Sony Walkman hai tempo que deixaron de ser reprodutores de cinta, e non se limitan só a teléfonos móbiles, e como exemplo tempos o novo Sony Walkman NWZ-S730, que non só presenta un elegante deseño, un espesor bastante reducido (7,5 mm), unha pantalla LCD de 2 polgadas e un amplo soporte de formatos de arquivo (MP3, WMA, AAC, PCM, WMV, H.264/AVC e MPEG-4) senón que conta cunha autonomía realmente impresionante, podendo reproducir cunha única carga ata 40 horas de música ou 10 horas de vídeo.
Para rematar de redondear o produto, os reprodutores Walkman Serie S tamén incorporan as canles SensME (agrupación dos temas almacenados en base a estilos detectados nos mesmos) e unha auriculares con tecnoloxía de cancelación de ruído (o que os fan especialmente axeitados para o seu uso en medios públicos de transporte).
Este novo reprodutor multimedia comeza a venderse este mes a 150 e 180 dólares para os seus modelos con 4 e 8 Gb de memoria interna respectivamente, e se poden adquirir en varias cores (rosado, azul, vermello e negro).

PUBLICIDADE