Novo MID de fabricación surcoreana

luns, 30 de marzo do 2009 Marcus Fernández

A coreana Iriver estreou a web oficial do seu novo MID, o Iriver D50-N, que aínda que sexa un equipo bastante limitado, pode resultar de grande interese para os que queiran facer uso de aplicacións lixeiras (coma dicionarios electrónicos) ou para conectarse á Rede.
O pequeno equipo só mide 150 x 88 x 24,8 milímetros e pesa 365 gramos, conta cunha pantalla de 4,8 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, 16 Gb de memoria interna, conectividade Wi-Fi, lector de tarxetas microSD, teclado QWERTY completo e unha batería que serviría para reproducir 16 horas de música ou 8 horas de vídeo, e que se venderá por 498.000 wons (uns 272 euros).

PUBLICIDADE