Novo MID con procesador Intel Atom
xoves, 23 de outubro do 2008Normalmente temos
que usar a lupa sempre que lemos que algo destaca a nivel mundial, e como
exemplo temos o Mobile Internet Device (MID) de USI, que asegura ser o máis
delgado do mundo, aÃnda que hai que matizar que se refiren só a dispositivos
con procesador Intel Atom (pois incluso os Nokia N800 e N810 son máis
delgados).
O USI
MID-160 conta cunha pantalla táctil de 5 polgadas cunha resolución
de 800 x 480 pÃxeles, 512 Mb de memoria, 8 Gb de disco de memoria sólida,
Wi-Fi, Bluetooth, GPS, HSDPA ou WiMAX (como opción), lector de tarxetas
microSD, fenda para tarxeta SIM, webcam, sistema operativo Ubuntu Linux, un
grosor de só 1,5 centÃmetros e un peso de 250 gramos.
A vantaxe deste MID con respecto dos seus competidores estarÃa en que o
procesador Intel Atom incorporado achegarÃa unha experiencia web plena, pois
terÃa a potencia necesaria para ver páxinas que fagan uso de Flash.
Este trebello serÃa OEM, de xeito que chegará ao mercado baixo outras marcas,
que poderán optar por configuralo con procesadores de entre 800 e 1,1 GHz.