Novo BlackBerry con conectividade Wi-Fi

mércores, 18 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Research In Motion (RIM) anunciou un novo terminal BlackBerry, o modelo 8820, que destaca por ser dual móbil-Wi-Fi. O BlackBerry 8820 sería a versión actualizada do 8800 (que xa leva meses no mercado) pero que podería aproveitar os puntos de acceso Wi-Fi para conectarse á Rede, o que podería supor un aforro considerable no seu uso así como un incremento da velocidade de carga de datos. Tamén abriría o uso de servizos de telefonía IP valéndose da conectividade Wi-Fi (aforrando moitos cartos en chamadas telefónicas, que terían uns prezos máis próximo ós dos teléfonos fixos que ós móbiles, así como en chamadas internacionais).
O BlackBerry 8820 inclúe GPS, conector de auriculares e lector de tarxetas microSD, contando coas prestacións habituais deste tipo de dispositivos: correo electrónico, mensaxería instantánea, navegador web, organizador, marcado por voz, reprodutor multimedia, mapas Blackberry e trackball.

PUBLICIDADE