Artigos desta sección
CITIC, Vitae e EGANET avalían na Coruña as fortalezas e eivas do noso tecido software
CITIC, Vitae e EGANET achegaron esta semana na Coruña unha serie claves a ter en conta para ceibar ao camiño do software galego do máximo número de atrancos. Estas claves foron dadas a coñecer nun encontro a tres bandas, celebrado na Fundación Caixa Galicia da Coruña, onde cada un dos convocantes acudiu en representación dun sector determinado: a actividade (...)
Ler máisO encontro para a mocidade en liña de Ponteareas abre as súas portas o vindeiro 15 de abril
Xa vai quedando pouco para a Sobrosoparty, encontro informático para a mocidade que este ano coincide con Xuventude Galicia Net (de semellantes características, aínda que máis ambicioso en canto a número de participantes se refire) e que xa ten dende hai semanas a páxina web, www.sobrosoparty.es, a pleno rendemento. A Sobrosoparty, para quen non o saiba, (...)
Ler máisNovo recoñecemento internacional para Dinahosting
A empresa galega de dominios Dinahosting, habitual xa na nosa web pola súa continua actividade innovadora en torno aos servizos de hosting web, vén de ver recompensados os seus esforzos a prol da I+D+i no seu sector, co recoñecemento internacional da auditora británica Netcraft, unha das máis prestixiosas do mundo para servizos de Internet. Netcraft basea (...)
Ler máisA Universidade de Vigo premia cun iPad as mellores Ideas con valor
Co obxectivo de difundir no eido universitario “os valores e aptitudes propios da cultura emprendedora e a creación empresarial”, a Catedra Bancaja da Universidade de Vigo, vén de por en marcha o Programa Ideas Emprendedoras con Valor, un programa formativo que, entre outras cousas, inclúe un obradoiro e un concurso ao proxecto máis innovador. A súa (...)
Ler máisA Xunta fai balance da Axenda Dixital 2014.gal
Tras a reunión semanal do Consello da Xunta, na que se autorizou o investimento por parte da Xunta de 196 millóns de euros en 2011 co obxectivo de que a cobertura da banda larga en Galicia pase do 70% que había en 2009 ao 83,6% da poboación continuando coa aplicación da Axenda Dixital 2014.gal, o presidente Alberto Núñez Feijoo asegurou que pese as (...)
Ler máisTurismo de Santiago estrea aplicación para iPhone
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Santiago de Compostela, Xosé Manuel Iglesias, presentou no Pazo de Raxoi a aplicación para dispositivos móbiles de Apple da páxina web de Turismo de Santiago, que serve de guía interactiva dos recursos turísticos da cidade, con localización xeográfica no mapa e realidade (...)
Ler máisArredor de 300 persoas inscritas para as xornadas A nación 2.0
Esta semana avanzouse de xeito duplo o miolo duns encontros encamiñados a pór de relevo, a través das ferramentas novas do coñecemento e da colaboración, novos recursos de acción política e social para a nosa xuventude. Falamos das segundas Xornadas da Mocidade Galega A nación 2.0. Da primeira xeira de datos achegados dimos conta nesta mesma web. A segunda (...)
Ler máisGRADIANT inicia unha xira tecnolóxica polos centros galegos de educación especial
Os técnicos e monitores do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, GRADIANT, comezaron esta semana as súas visitas a centros de educación de Galicia, comezando polo de Monforte de Lemos, para amosar aos seus alumnos diferentes tecnoloxías que poderán serlles de grande utilidade a través de xogos. As actividades que desenvolveron os 8 técnicos de (...)
Ler máisComeza o seminario As Bibliotecas Dixitais na Cidade da Cultura
O I Seminario Internacional da Biblioteca de Galicia As Bibliotecas Dixitais botou a andar na Cidade da Cultura de Galicia, onde acollerá a representantes das bibliotecas máis prestixiosas do mundo ata o vindeiro sábado. No acto de apertura, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Barela, asegurou que a biblioteca dixital galega coñecida como Galiciana (...)
Ler máisMáis cursos en liña para mellorar o uso de galego administrativo no funcionariado
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e máis a Secretaría Xeral de Política Lingüística veñen de ampliar a oferta formativa en liña para o coñecemento de galego. Desta volta, e a diferenza da actividade da que falamos esta semana, non se trata de introducir no manexo básico da nosa lingua a aspirantes a obter os recoñecementos Celga, senón a persoas que (...)
Ler máis0 | ... | 30830 | 30840 | 30850 | 30860 | 30870 | 30880 | 30890 | 30900 | 30910 | ... | 42330