Novas tabletas gráficas Bamboo de Wacom

martes, 27 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Wacom actualiza a súa familia de tabletas gráficas Bamboo cun novo deseño (que no caso dos modelos de cor gris metálico encaixa co deseño de equipos de Apple) e que soportan xestos multi-táctiles sobre a súa superficie con ata 4 dedos e que poden funcionar sen fíos grazas ao Wireless Accesory Kit (accesorio á venda por 39,90 euros). Estas tabletas gráficas chegan en varios modelos, que parten dunha básica Bamboo Pen (que carece de función multi-táctil, da posibilidade de conectarse ao ordenador sen fíos e custa 59,90 euros), a ordinaria Bamboo Pen & Touch (que inclúe función multi-táctil, 4 ExpressKeys e véndese a 89,90 euros), e logo as elegantes Bamboo Fun (dispoñibles en 2 tamaños distintos por 99,90 e 199,990 euros respectivamente).
Este tipo de dispositivos son ideais para deseñadores e outros profesionais (sen entrar nos grandes tamaños das tabletas gráficas que habitualmente utilizan arquitectos e outros enxeñeiros), aínda que o feito de que tamén soporten xestos multi-táctiles fan que o seu uso como se foxe un Magic Trackpad incremente as súas posibilidades, polo que son unha solución moi versátil e atractiva incluso para equipos domésticos.

PUBLICIDADE