Nova sintonizadora AverTV Volar MAX
martes, 1 de abril do 2008
AverMedia presentou nos EE.UU. a nova sintonizadora de televisión
hÃbrida AverTV Volar
MAX, que xunta nun único dispositivo USB radio FM, televisión analóxica e
televisión en alta definición, compatible con Microsoft Media Center.
O dispositivo permite converter un ordenador sobremesa ou portátil nun centro
de lecer electrónico, que destaca especialmente por poder gravar televisión
analóxica e dixital en MPEG-2, MPEG-4 e mesmo co formato H.264 a unha resolución
de 320 x 240 pÃxeles (compatible con iPods de vÃdeo).
A sintonizadora de televisión xa se vende nos EE.UU. por 79,99 dólares (uns
51,27 euros) pero haberá que agardar para ver a versión PAL en Europa, aÃnda
que mentres está dispoñible a AverTV Hybrid
Volar.
Hai que indicar que para certas funcións (como a gravación en MPEG-4 ou H.264) é
preciso contar cun equipo informático bastante potente.