Nova funda oficial para iPad

martes, 12 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Aínda que non se comentou durante a conferencia de Apple durante a WWDC de onte, a tenda en liña da compañía de Cupertino incorporou novidades de xeito discreto, entre as que queremos destacar a iPad Smart Case, unha nova funda de poliuretano para o iPad 2 e o novo iPad que ofrece unha protección integral, ou sexa, que é unha Smart Cover que facilita a súa transformación en soporte para ler, escribir ou ver vídeos no iPad (e que activa ou desactiva a pantalla ao abrila e pechala) e que tamén ofrece protección da parte traseira do tablet, que era moi necesaria.
A nova Smart Case para o iPad ten un prezo de 49 euros, no caso de pedirse a través da tenda en liña de Apple inclúe gravado láser de balde e está á venda en varias cores: gris claro, gris escuro, azul, verde, rosa e vermello.

PUBLICIDADE