Nova funda de pel con teclado para o iPad 2
luns, 13 de xuño do 2011
Seguindo a liña
doutros periféricos semellantes para o primeiro iPad, Qmadix
incorpora ao seu catálogo de produtos Portfolio, unha funda protectora para
o iPad 2 que inclúe un teclado Bluetooth 2.0 extraÃble, o que resulta moi
práctico para a introdución de texto no tablet de Apple, aÃnda que cómpre
destacar que tamén é compatible con moitos outros dispositivo como o iPhone, o
iPod Touch e diversidade de móbiles con soporte do perfil HID.
O teclado está feito de policarbonato, para unha boa resposta táctil, e a funda
facilita a colocación do iPad 2 con certa inclinación para facilitar a súa
lectura. Tamén conta cos espazos para facilitar o acceso á cámara, os botóns e
os portos de conexión do último tablet de Apple.
O teclado cárgase mediante microUSB e este accesorio quere destacar fronte aos
seus competidores pola calidade do seu acabado, o que deberÃa resultar evidente
ao ver o seu prezo (149,99 dólares). Non podemos esquecer que existen
alternativas semellantes de orixe chinesa que pode adquirirse por menos de 30
euros.