Nova cámara somerxible de Fujifilm

xoves, 19 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Coa proximidade do verán os fabricantes de cámaras dixitais lémbranse do uso dos seus dispositivos ao aire libre e na praia, e anuncian modelos de cámara como a Fujifilm FinePix Z33WP, que pode tomar fotografías a 10 Mpíxeles, conta cun zoom óptico de 3x, unha pantalla de 2,7 polgadas, unha sensibilidade de 1.600 ISO como máximo, tecnoloxía de detección de caras e eliminación de ollos vermellos, temporizadores, gravación de vídeo en calidade VGA a 30 fotogramas por segundo, unha autonomía como para disparar unhas 200 fotografías e a posibilidade de poder somerxela ata a 3 metros de profundidade durante un par de horas, o que é bastante se temos en conta que chegará ás tendas o mes que vén a un prezo estimado de 200 dólares.

A nova cámara dixital compacta é ideal para o seu uso na praia

PUBLICIDADE