Nova cámara reforzada de Olympus que chega a tempo para o verán

martes, 8 de maio do 2012 Marcus Fernández

A Olympus TG-1 é unha nova cámara fotográfica dixital reforzada que sairá á venda en xuño por 399,99 dólares nos EE.UU. que podería ser ideal para o verán, por ser capaz de soportar golpes, po e poder somerxerse ata a 12 metros de profundidade, polo que serviría para rexistrar graficamente a práctica de actividades deportivas e outras actividades propias do lecer estival sen prescindir da calidade que permite o seu sensor CMOS de 12 Mpíxeles cun rango de ata ISO 6.400 e con gravación de vídeo a 1.080p.
Esta cámara tamén conta cunha xenerosa pantalla OLED de 3 polgadas, zoom de 4x, GPS e compás. Un interesante produto para quen quere combinar resistencia e calidade sen ter que pagar un prezo moi elevado.

A Olympus TG-1 conta cunha pantalla OLED de 3 polgadas

PUBLICIDADE