Nova cámara dixital de Fujifilm con zoom óptico de 26x

xoves, 24 de novembro do 2011 Marcus Fernández

A familia de cámaras bridge Fujifilm X estrea o seu terceiro modelo, a Fujifilm X-S1, que presenta un acabado de alta calidade para satisfacer aos amantes da fotografía, aos que quere cativar coa súa versatilidade, xa que está cámara dixital vén cun impresionante zoom óptico de 26x, unha boa apertura e incluso un modo Super Macro que permite fotografar obxectos a só 1 centímetro de distancia.
Esta nova cámara conta cun sensor EXR CMOS de 12 Mpíxeles, pode tirar 7 imaxes por segundo a resolución completa ou 10 imaxes por segundo a 6 Mpíxeles, conta cun visor de 0,7 polgadas e 1,44 Mpíxeles, unha pantalla LCD de 3 polgadas, ISO 100-12.800, gravación de vídeo Full HD en formato H.264 (MOV), estabilización óptica de imaxe, modo para tomar panorámicas de 360 graos, batería recargable que permite disparar unhas 500 fotografías cunha única carga, saída de vídeo mini HDMI, unhas medidas de 135 x 107 x 149 milímetros e un peso de 920 gramos (coa batería incluida).
Sairá á venda en febreiro, e polo momento xa se coñece o seu prezo no Reino Unido: 699 libras esterlinas (811,85 euros).

PUBLICIDADE