Nova cámara con toques clásicos de Fujifilm
xoves, 12 de xuño do 2025
Fujifilm vén de anunciar o lanzamento mundial da nova cámara dixital sen espello Fujifilm X-E5, prevista para o mes de setembro. Este novo modelo destaca por ser o primeiro da serie X en incorporar unha placa superior feita exclusivamente de aluminio mecanizado, combinando elegancia, robustez e precisión.
A X-E5 mantén o estilo clásico que caracteriza á serie e introduce melloras notables tanto no deseño como no rendemento. Cun corpo compacto e lixeiro de só 445 gramos, integra un sensor retroiluminado X-Trans CMOS 5 HR de 40,2 MpÃxeles e o procesador de imaxe de alta velocidade X-Processor 5. A isto súmase un estabilizador de imaxe (IBIS) de cinco eixes, capaz de corrixir ata 7 pasos no centro e 6 na periferia, o que permite capturas estables mesmo en situacións esixentes.
O visor da X-E5 incorpora o novo modo Pantalla clásica, inspirado nas cámaras analóxicas, que amosa a información esencial no bordo inferior para facilitar a composición. Tamén introduce a función de Visión Envolvente, que permite ver alén do encadre mentres se fotografÃa, simulando a experiencia dun visor óptico tradicional.
Pensada para afeccionados e fotógrafos esixentes por igual, a cámara inclúe funcionalidades avanzadas como un teleconvertedor dixital de 1,4x e 2,0x, gravación en 6,2K a 30p, enfoque automático con seguimento en vÃdeo e detección de suxeitos baseada en intelixencia artificial, capaz de recoñecer persoas, animais, vehÃculos ou mesmo drons.
O deseño tamén foi refinado ata o detalle, incluÃndo un novo dial de simulación de pelÃcula con fiestra indicadora e unha correa de ombreiro tipo corda. O obturador electrónico alcanza velocidades de ata 1/180.000 segundos e permite traballar con ISO 125 como sensibilidade estándar, grazas á mellora na captación de luz.
Unha cámara que busca o equilibrio entre tradición, estética e innovación técnica para usuarios que non lles importe pagar 1.549 euros polo seu corpo ou 1.799 euros para a versión cun obxectivo XF23mm f2.8 R WR.
VÃdeo promocional da Fujifilm X-E5