Nova cámara compacta de Casio con zoom de 10x

martes, 1 de xuño do 2010 Marcus Fernández

As cámaras compactas melloran paulatinamente as súas prestacións, e así a Casio EXILIM EX-H5 non só conta cun sensor CCD de 12,1 Mpíxeles, pantalla LCD de 2,7 polgadas e gravación de vídeo de alta definición a 720p, senón que tamén presume de integrar un zoom óptico de 10x, polo que os usuarios esixentes que queiran optar por unha cámara dixital de alta portabilidade poderán ver as súas necesidades satisfeitas.
Amais, a cámara incorpora o procesador EXILIM Engine 5.0 (que mellora a calidade das cores brillantes e na supresión de ruído), conta con moitos automatismos, múltiples modos de escena… e véndese en distintas cores (prata, vermello e negro).

PUBLICIDADE