Nova batería externa que carga con e sen cable

venres, 1 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

Unha das firmas asociadas a Xiaomi, Solove, vén de achegar ao mercado chinés un produto que probablemente teña boa acollida en moitos mercados, o seu cargador sen fíos W5, que integra unha batería de 10.000 mAh que pode cargarse por microUSB e que conta cun par de portos USB-A a través dos que cargar outros dispositivos a 2 e 2,1 amperes respectivamente e que tamén integra unha bobina para facilitar a carga por indución mediante o estándar Qi, ou sexa, que pode recargar smartphones compatibles con só pousalos sobre o cargador.
Esta batería externa con carga por cable e sen fíos ten unhas medidas de 90 x 80 x 26 milímetros, pesa 234 gramos, está dispoñible en dúas cores e véndese en China por só 99 iuans (12,81 euros), polo que non sorprendería que conseguise distribución europea a un prezo moi asumible.

A batería externa pode cargar sen fíos e mediante dous portos USB
O dispositivo está á venda en dúas cores

PUBLICIDADE