Nokia pon á venda un novo cargador portátil sen fÃos
luns, 18 de novembro do 2013
Cando o mes pasado Nokia amosou as
súas novidades en Abu Dhabi, algún produto pasou desapercibido pese a
resultar moi atractivo, como o novo cargador sen fÃos portátil
DC-50, que está a iniciar a súa comercialización en Europa a un prezo de 89
euros e que vén a ser baterÃa externa que destaca por ser compatible coa
tecnoloxÃa de carga sen fÃos Qi (presente, por exemplo, en varios dispositivos
das familias Lumia de Nokia e Nexus de Google).
Esta baterÃa externa pode cargarse a través de micro USB ou mediante a propia
tecnoloxÃa de carga sen fÃos, podendo servir despois para cargar tablets ou
smartphones compatibles con só entrar en contacto con eles, o que pode facerse
comodamente sobre o escritorio ou, moi especialmente, cando se transporten os
trebellos, resultando un xeito moi atractivo para manter a carga do noso móbil,
por exemplo, mentres se leva no bolso.
O Nokia DC-50 ten unhas medidas de 134 x 69 x 12 milÃmetros, pesa 150 gramos e
véndese en varias das cores propias da gama Lumia (amarelo, branco, azul ceo e
vermello). O dispositivo inclúe un botón que, ao premerse, ilumina unha serie
de indicadores LED para marcar a capacidade que queda dispoñible na baterÃa
integrada, como fan outros cargadores portátiles de Nokia.
- O cargador portátil sen fÃos está dispoñible en varias cores