Nokia poderá engadir ós seus móbiles intelixentes pantallas táctices e soporte de Flash

xoves, 18 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Nokia finalmente terá unha alternativa ós iPhone de Apple, pois esta semana anunciou que o software S60 se adapta a pantallas táctiles e incorpora novas prestacións que levará a moitos terminais de Nokia á cabeza tecnolóxica do sector.


Presentación das novas innovacións de S60

A compañía finlandesa xa anunciara o deseño conceptual dos seus móbiles de nova xeración, e agora se anuncia que a plataforma S60 co sistema operativo Symbian está adaptada para o seu uso con pantallas táctiles, o teclado numérico tradicional nos móbiles e teclado QWERTY, se converte nunha das solucións máis completas para tirar proveito das prestacións dos últimos terminais de telefonía móbil.
A nova versión de S60 tamén conta co novo UI Accelerator toolkit, que é unha ferramenta para que os fabricantes poidan incorporar de xeito rápido e doado impresionantes efectos gráficos e novos xeitos de interacción.
Pero de tódalas innovacións moitos usuarios agradecerán a integración de Flash Lite 3, que permitirá a reprodución de vídeo en formato Flash no móbil, de xeito que os contidos de YouTube e outras webs semellantes poderán visualizarse dende calquera lugar.
Todas estas innovacións chegarán ó mercado en 2008.