Nokia estrea un smartphone Lumia con pantalla de 4,7 polgadas
martes, 23 de xullo do 2013
Esta mañá Nokia presentou
un novo membro da súa familia de móbiles con Windows Phone 8, o Lumia 625,
que busca facerse un oco do mercado achegando a un prezo axustado un
dispositivo atractivo, con grande pantalla e con conectividade 4G.
O Nokia Lumia
625 chegará ao mercado durante o terceiro trimestre do ano (fálase de
primeiros de setembro) a un prezo libre de 220 euros, o que resulta bastante
atractivo para un móbil con pantalla de 4,7 polgadas cunha resolución de 480 x
800 pÃxeles, cunha luminosidade suficiente para que poida verse baixo a luz do
sol e con tecnoloxÃa táctil super-sensible que facilita que poida empregarse
coas unllas ou coas luvas postas. O terminal funciona cun procesador Snapdragon
S4 de dobre núcleo a 1,2 GHz, 512 Mb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas SD de ata 64 Gb, cámaras de 5 e 0,3 MpÃxeles, USB
2.0, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, A-GPS, 4G, baterÃa de 2.000 mAh, un grosor de 9,15
milÃmetros e un peso de 159 gramos.
- O Nokia Lumia 625 estará dispoñible en varias cores
Temos asà un dispositivo ideal para quen desexe conectarse a boa velocidade á
Rede dende o móbil, gozar dunha ampla pantalla sen ter que optar por un
terminal de alta gama (de feito, a pantalla deste móbil é a maior da familia
Lumia, que tiña o teito posto nas 4,5 polgadas) e poder empregar as aplicacións
de Nokia para Windows Phone 8 como os servizos de mapas e navegación, Nokia
Música, as lentes para a cámara e numerosas aplicacións exclusivas que
fortalecen a posición lÃder de Nokia no sistema operativo móbil de Microsoft.
O novo smartphone de Nokia estará dispoñible en laranxa, amarelo, verde
brillante, branco e negro.
VÃdeo de presentación do Nokia Lumia 625