Noke, o cadeado que usa o smartphone como chave
martes, 19 de agosto do 2014- A fechadura do cadeado pode controlarse mediante unha aplicación móbil
Kickstarter continúa a servir de lanzadeira para numerosos
produtos que dificilmente verÃan a luz sen recorrer ao micromecenado, o que
resulta un tanto rechamante se vemos que en moitas ocasións conseguen superar o
seu obxectivo en menos de 24 horas, como aconteceu co último produto de FŪZ
Designs, o cadeado Bluetooth Noke.
Estamos ante unha solución que busca evitar ter que cargar cunha chave máis e
evitar os problemas de ter que compartilas, de xeito que para abrir o cadeado
emprega unha aplicación móbil (para Android e iOS) que se comunica co pecho a
través de Bluetooth, facendo doado e seguro compartir as posesións que
aseguremos con este elegante accesorio de boro e aceiro reforzado. O Noke é
resistente á auga, carece de botóns externos, a súa baterÃa pode durar até un
ano enteiro para un uso normal e, como curiosidade, conta cun sistema de acceso
rápido co que podemos abrir o cadeado mediante un código de toques curtos e
longos no seu arco, como método de emerxencia para cando non teñamos o
smartphone a man ou quedemos sen baterÃa.
Este
cadeado está a ofrecerse a través de Kickstarter por 59 dólares (55,45
euros con gastos de envÃo incluÃdos) coa posibilidade de reducir o seu prezo de
adquirir varios dispositivos á vez, agardándose que cheguen a mans dos seus
mecenas a partires de febreiro de 2015.
- O Noke é un cadeado con Bluetooth 4.0