Nintendo poderÃa estar a preparar 2 modelos novos da Switch
luns, 25 de marzo do 2019
- Unha Nintendo Switch orientada á portabilidade poderÃa ser a chave para termos unha consola máis económica
Mentres a Nintendo Switch consolÃdase como a consola de
videoxogos de moda, a Nintendo 3DS perde pulo a unha velocidade maior da
prevista por parte de Nintendo, compañÃa que confiaba en poder manter ambas plataformas
a longo prazo, pero que finalmente entendeu que a 3DS estaba destinada a
sucumbir, polo que agora estarÃan a iniciar unha nova estratexia segundo The
Wall Street Journal que estarÃa baseada no lanzamento
de dous novos modelos de Switch en breve.
O rumor do lanzamento dunha Nintendo Switch máis económica, enfocada principalmente
ao xogo en mobilidade para coller o relevo da 3DS leva moito tempo dando
voltas, pero agora comentan que poderÃa presentarse na feira E3 e chegar ao
mercado este mesmo verán acompañada por unha Nintendo Switch mellorada (aÃnda
que cun rendemento semellante, para non segregar o mercado). Entre as funcións
que poderÃa perder a Switch económica estarÃa a vibración HD dos Joy-Con (e
incluso é posible que prescinda da base para a súa conexión ao televisor).
Temos que lembrar que na
campaña de Nadal estarán dispoñibles as primeiras entregas da serie principal de
Pokémon para Switch, e dado que esta saga sempre impulsou a venda de
consolas, resulta moi convinte que estea dispoñible unha versión económica da
consola para poder chegar a un público máis amplo, mentres que os usuarios máis
esixentes poderÃan querer unha máquina máis completa e de máis calidade (por
exemplo, mellorando o brillo e o contraste da pantalla ou con algún lixeiro
cambio de deseño para evitar problemas que foron detectándose na Switch
orixinal).
- A diversidade de modos de uso da Switch poderÃa reducirse nun hipotético modelo económico