Ninja Gaiden 2 sairá en xuño para Xbox 360

xoves, 21 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Durante unha presentación na Games Developer Conference, Tomonobu Itagaki de Tecmo anunciou que o xogo Ninja Gaiden 2 sairá o vindeiro 3 de xuño nos EE.UU., pasando a distribuirse no resto do mundo durante o mesmo mes.
Os xogadores de Xbox 360 poderán gozar deste excelente xogo, do que Itagaki amosou distintas imaxes e adiantou a característica Ninja Cinema, que permitirá gravar vídeos dende os puntos de gardado para compartilos a través de Xbox Live.
Unha das fases que se puideron ver é o Templo do Sacrificio:

PUBLICIDADE