Ninja Blade poderÃa ser o novo éxito para Xbox 360 en 2009
martes, 2 de setembro do 2008
Microsoft
anunciou que a o Tokyo Game Show de outubro vai levar o xogo Ninja
Blade, un tÃtulo de acción para Xbox 360 desenvolvido por From
Software que promete ser todo un éxito en 2009, pois coma credenciais conta con
xente coma Keiji Nakaoka (quen traballou en Lost
Planet: Extreme Condition e correrá agora co deseño de personaxes) e
Norihito Hibino (un dos autores da banda sonora da saga de Metal Gear Solid).
Sorprende que deste xogo apenas se soubese nada porque leva 3 anos en
desenvolvemento, e dá a impresión de que será unha mestura de tÃtulos coma Devil May Cry, Resident Evil e Ninja Gaiden,
metendo ao xogador na pel de Ken, un ninja que deberá salvar a cidade de TokÃo dunha
ameaza bacteriolóxica (un parasito que converte a persoas e animais en
monstros).
O xogo promete
unha aventura de máis de 12 horas e ata o momento pouco máis se sabe
do mesmo aparte do que se ve no seu teaser: