Nikon anuncia a primeira cámara somerxible con lentes intercambiables
xoves, 19 de setembro do 2013
Nikon presentou hoxe a súa nova cámara dixital Nikon 1 AW1,
que preséntase ao mundo como a primeira cámara dixital con obxectivos intercambiables
e 2 obxectivos dedicados que pode empregarse debaixo da auga, sendo capaz de
soportar submersións na auga ata a 15 metros e tolerando caídas de ata 2 metros
de altura, características inéditas nun dispositivo deste tipo.
A Nikon 1 AW2 mantén un formato bastante compacto (mide 113,3 x 71,5 x 37,5
milímetros), ten un sensor de 14,2 Mpíxeles e permite disparar fotografías a 15
imaxes por segundo con enfoque automático ou 60 imaxes por segundo con foco
fixo (polo que resulta bastante atractiva para recoller secuencias de acción).
A cámara é compatible con numerosos obxectivos NIKKOR, dos que existen 2
desenvolvidos especificamente para soportar auga e golpes e na primavera
venderase tamén un flash específico para funcionar debaixo da auga. Esta
interesante cámara ten previsto a súa posta á venda no mes de outubro cun
obxectivo de 11-27,5 milímetros por 799,95 dólares, están dispoñible tamén nun
lote cun obxectivo de 10 milímetros por 999,95 dólares. A cámara tamén estará
dispoñible en negro, branco ou prata, podendo completarse con fundas de goma de
cores que aportan tanto protección como personalización.
- A Nikkon 1 AW1 poderá personalizarse con coloridas fundas de goma