New Super Mario Bros confÃrmase coma o xogo para Nintendo DS máis vendido da historia
martes, 28 de decembro do 2010
Cando falamos das venda dun
videoxogo, normalmente centrámonos nas súas primeiras semanas, cando
normalmente prodúcense o 80% das súas vendas totais, pero existen excepcións a
esta norma, especialmente nos xogos de Nintendo, que presentan un comportamento
totalmente distinto no seu ciclo de vida, de xeito que as súas saÃdas ao
mercado son moderadas, e posteriormente conseguen manter unhas vendas estables
a longo prazo, de xeito que despois de máis de 4 anos nas tendas o xogo New Super Mario Bros para Nintendo DS
vén de sorprender ao converterse no
primeiro xogo da portátil de Nintendo en superar os 6 millóns de copias
vendidas no Xapón, superando a grandes franquÃas coma Pokémon ou Dragon Quest.
A
nivel internacional o New Super Mario
Bros (xogo cada dÃa menos novo)
tamén lidera
as vendas cuns 24,19 millóns de copias estimadas, superando os 24,01
millóns de unidades de Nintendogs e os 20,64 millóns de copias do Mario Kart DS. Brain Training tamén ten unhas vendas moi sólidas (19,58 millóns de
unidades a súa primeira entrega e 15,04 millóns a segunda) xunto co Pokémon Diamante y Perla (17,69 millóns
de copias), que conseguen unha vantaxe máis que considerable con respecto do
resto de xogos para Nintendo DS.
Vendo estas cifras parece claro que a estratexia de Nintendo a longo prazo é
tan atinada como a que teñen os xogos para terminais de Apple (que conseguen un
rápido retorno do seu investimento grazas ás súas vendas explosivas), dando a
entender que cada perfil de usuario reacciona de xeito diferente á oferta de
videoxogos presente no mercado.