Netgear prepara un reprodutor multimedia en rede con capacidades de alta definición

luns, 1 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Para 2009 poderemos ver no mercado un novo dispositivo de Netgear que podería facerse habitual nos fogares multimedia e que actualmente está a ser analizado polas autoridades de certificación norteamericanas, o Netgear Digital Entertainer Elite (EVA9000), que é un dispositivo que funcionaría coma servidor/reprodutor multimedia soportando vídeos en AVI, Divx, XviD, WMV, MOV, MPEG-1/2/$, ISO, MKV, TS, IFO, M4V, VOB e outros, así como os codecs de audio máis habituais (MP3, WMA, AAC, Dolby True HD, DTH-HD Master Audio, etc.) e podería entregar os contidos tanto dende o seu disco duro interno como dende outros equipos aos que estivese conectado a través da rede (ten tanto Wi-Fi coma Ethernet).
O dispositivo tería saídas de vídeo por compoñentes, por S-Video, euroconector e HDMI, polo que promete ser unha solución moi completa para tirar proveito dos contidos de vídeo en alta definición que cada día se fan máis populares, aínda que haberá que agardar para coñecer a súa data de lanzamento e o seu prezo.

PUBLICIDADE