Netflix sube os seus prezos entre 1 e 2 euros ao mes
venres, 18 de outubro do 2024
A suba de prezos das plataformas de vÃdeo baixo demanda non cesa, e agora é Netflix a compañÃa que incrementa as súa tarifas en España, que non sufriran alteración dende a estrea do plan económico con anuncios hai un par de anos.
A partir de agora o plan estándar con anuncios pasa dun prezo de 5,49 euros/mes a 6,99 euros/mes, o plan estándar sube de 12,99 a 13,99 euros/mes (sendo o incremento de prezo que afecta a máis usuarios, de aà que probablemente sexa o máis lixeiro) e o plan premium pasa de 17,99 a 19,99 euros/mes. As condicións de cada unha das tarifas non mudan máis aló do prezo.
Lembremos que Netflix chegou a España con plans de prezos de entre 7,99 e 11,99 euros/mes, polo que falamos dunha suba de prezos de preto do 65% en 9 anos, o que contrasta coas polÃticas de prezos das plataformas de streaming musical, que tardou uns 15 anos en incrementar o seu plan en só 1 euro (un 10%), mentres que as plataformas de vÃdeo están a experimentar subas de prezo cada dous anos.