Neptune Duo intercambia os roles de smartwatches e smartphones
mércores, 18 de febreiro do 2015
Unha
compañÃa canadense, Neptune, quere destacar no emerxente segmento de produtos
que casan reloxos e smartphones, polo que presenta o Neptune Duo, un conxunto de dous
dispositivos que parece mudar as tornas na relación entre os smartphones e os
smartwatches, colocando no pulso o elemento principal.
Temos asà que o Neptune Hup será un accesorio para levar no pulso que
funcionará cun potente procesador de catro núcleos, terá conectividade 3G/4G,
Bluetooth, Wi-Fi, GPS e NFC e fará practicamente todas as funcións propias dun
smartphone, mentres que para poder gozar visualizar contidos nun tamaño máis
confortable contará co Neptune Pocket, un accesorio con pantalla de 5 polgadas
que pode actuar como un rato, un teclado ou un monitor, ou sexa, que non será intelixente, xa que a potencia estarÃa
no dispositivo wearable.
- O accesorio de pulso é o que integra a intelixencia desta solución
O Neptune Hub permite facer chamadas, intercambiar mensaxes de texto, amosar
notificacións, monitorizar a nosa actividade fÃsica, para o que válese dunha
pantalla táctil integrada de 2,4 polgadas, micrófono, altofalante e vibrador.
Tamén conta cun xeneroso almacenamento interno (64 GB), unha baterÃa de 1.000
mAh (moi superior ao que vemos habitualmente nun smartwatch) e, curiosamente,
funciona con Android 5.0. Por outra banda, o Neptune Pocket goza dunha pantalla
de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles, cámaras de 8 e 2
MpÃxeles, flash LED, micrófono, auricular, altofalante, vibrador, acelerómetro,
xiroscopio e baterÃa de 2.800 mAh, ou sexa, que serÃa practicamente un
smartphone ao que lle deixaron o seu procesador e a súa memoria fóra.
- O Neptune Hub permite correr aplicacións para Android 5.0 no pulso
A solución destaca polo feito de que no caso de extraviar ou esquecer o
Pocket, podemos seguir conectados tranquilamente co Hub, sendo incluso posible
empregar temporalmente un Pocket doutro usuario (xa que ambos elementos poden
emparellarse mediante contacto por NFC), coa seguridade que supón que a nosa
información vaia almacenada no dispositivo que levamos sempre enriba. Como
vantaxe adicional temos que a baterÃa do Pocket tamén pode aproveitarse para
recargar o Hub.
Esta proposta tecnolóxica pretende chegar ao mercado a finais de ano, abrÃndose
xa o seu proceso de reservas, de xeito que os interesados en facerse co produto
poden adiantar parte do seu prezo de 798 dólares (701,33 euros), podendo
reducirse o prezo até os 498 dólares (437,68 euros) de adiantarse completamente
o pagamento do trebello.
VÃdeo de presentación do Neptune Duo