Neonode N2: novo teléfono/reprodutor multimedia con pantalla táctil
luns, 9 de xullo do 2007
O fabricante sueco Neonode está a comezar a
comercialización do seu novo terminal N2, descoñecéndose cando chegará a España
(a compañía está a negociar a distribución do novo móbil en toda Europa,
agardando que se vexan as primeiras unidades a finais do verán), pero supón
unha opción básica para os que queren contar con servizos de reprodución
multimedia nun móbil con pantalla táctil na liña do iPhone de Apple.
|
O Neonode N2 contan cunha pantalla de 2 polgadas e 176 x 220 píxeles de resolución, emprega como almacenamento tarxetas miniSD, reproduce son en formatos MP3, WMA e WAV, e vídeo en formatos MPEG e WMV. No tocante á conectividade soporta GSM, GPRS e Bluetooth. Tamén inclúe unha cámara de 2 Mpíxeles e permite sincronizar tanto o calendario coma os contactos de Outlook mediante Acive Sync. Mide 47 x 77 x 14,7 mm e só pesa 60 gramos.