Navegador GPS de Vexia que advirte de posibles multas e perdas de puntos no carné de conducir

martes, 23 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Dende Xataka puxeron a proba o navegador GPS Vexia Econav 480, que cun grosor de só 11,5 milímetros e un peso de 150 gramos non resulta manco, contando cun procesador a 500 MHz, 128 Mb de RAM e unha memoria interna de 2 Gb. O seu receptor Sirf Atlas IV tamén capta o sinal de GPS case ao momento, os seus mapas 2D e 3D son bastante precisos; pero se en algo destaca este dispositivo é no feito de que coa tecnoloxía Econav (que tras introducir os detalles do novos vehículo) aconséllanos cómo conducir para aforrar combustible e incluso sorprende coa funcionalidade Más Puntos Menos Multas, un sistema en tempo real (visual e sonoro) que indica ao condutor o importe en cartos e puntos de carné que suporía o exceso los límites de velocidade establecidos, o que fai durante toda a ruta e non só durante os tramos controlados por radar (dos que tamén dá conta mediante Vexia Radar Plus).
Este interesante navegador GPS cos mapas da Península Ibérica véndese a uns 200 euros na súa versión con pantalla de 4,3 polgadas, sendo posible atopar o modelo 380 (con pantalla de 3,5 polgadas) a un prezo máis reducido.

PUBLICIDADE