Naruto Shippuden: Ultimate Ninja Storm 3 estrea demo para Xbox 360 e PS3

mércores, 20 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Na demo do xogo poderemos enfrontarnos a nove colas

O vindeiro 8 de marzo o xogo Naruto Shippuden: Ultimate Ninja Storm 3, último desenvolvemento de CyberConnect2 que, unha vez máis, fai difícil distinguir entre o videoxogo e a serie de televisión na que se basea, ao amosar en pantalla un cel shading moi traballado, e que hoxe estrea versión de demostración para PlayStation 3 e para usuarios Gold de Xbox 360, que como anticipo á Grande Guerra Ninja permitirá enfrontase ao furioso nove colas na Vila da Folla, unha épica batalla que permite facerse unha idea do que será este novo xogo de Naruto que promete elevar os estándares da saga.
O xogo vai contar con máis personaxes que os seus predecesores, novas posibilidades na súa mecánica de combate e un rico modo historia que podemos ver no seu novo trailer:

No xogo farán acto de presenza numerosos personaxe da franquía de Naruto

PUBLICIDADE