NGM Harley-Davidson, o smartphone con Windows Phone 8.1 máis moteiro
luns, 17 de novembro do 2014
NGM está a comercializar para Europa un novo smartphone con
Windows Phone 8.1 que destaca entre o resto de terminais co sistema operativo
de Microsoft por ser un produto con licencia oficial da marca Harley-Davidson
e, de feito, entre todos os que merquen este móbil sortearán até o 30 de xuño
de 2015 sortearán unha Harley-Davidson Sportster Forty-Eight valorada en 12.100
euros e unha chaqueta de coiro Harley-Davidson valorada en 600 euros.
O curioso móbil ten unhas prestacións de gama media, cunha pantalla IPS de 5
polgadas cunhas resolución de 1.280 x 720 pÃxeles, procesador Qualcomm de catro
núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD de até 32 Gb), cámaras de 8 e 2 MpÃxeles, GPS, Bluetooth
4.0, Wi-Fi, baterÃa de 2.000 mAh, un grosor de 8,5 milÃmetros e, por desgraza,
un prezo bastante elevado: 269,90 euros.
- Este smartphone parece querer chegar ao mercado como un produto premium pese a que as súas prestacións sexan de gama media-baixa