NETGEAR estrea un sinxelo repetidor Wi-Fi
mércores, 8 de xuño do 2011
Un dos grandes
problemas das redes Wi-Fi domésticas é a aparición de zonas de sombra nalgunhas
habitacións do domicilio (especialmente nos de grande tamaño) e para loitar
contra esta eiva NETGEAR vén
de anunciar a dispoñibilidade global do seu novo amplificador universal
WN3000RP, que permite estender as nosas redes Wi-Fi b/g/n (soportando os
estándares de seguridade máis habituais, como WEP, WPA e WPA) a xeito de
repetidor, permitindo asà que os smartphones,
os tablets, as consolas de videoxogos, os reprodutores de Blu-ray ou os
ordenadores portátiles poidan conectarse á Internet cunha boa velocidade pese a
estar lonxe do router Wi-Fi, ou incluso levando a cobertura a patios e
terrazas.
A configuración deste dispositivo é tan doada como conectalo á corrente
eléctrica e premer un botón de Push ‘N’ Connect,
e para mellorar a súa versatilidade tamén inclúe un porto Fast Ethernet para
facilitar a conexión á nosa rede local de dispositivos que carezan de Wi-Fi
como reprodutores de Blu-ray ou televisores preparados para acceder á Internet
a través de redes cableadas.
O NETGEAR
WN3000RP pode mercarse nos EE.UU. por 89,99 dólares, mentres que en Europa podemos
atopalo a un prezo de 64,90 euros.
- Con este dispositivo de NETGEAR podemos conectar equipos informáticos á Internet pese a estar lonxe do router Wi-Fi doméstico