NEC mellora os lectores de pegadas dixitais escaneando as veas dos dedos

xoves, 24 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

A seguridade baseada en medidas biométricas demóstrase fiable e cómoda, aínda que precisa de certa evolución para manter así, de xeito que as solucións baseadas nas pegadas dixitais están a quedar obsoletas, e fabricantes coma NEC xa están a traballar en tecnoloxías que van collerlle o relevo coma o HS100-10, un scanner híbrido para o dedo que combina a lectura da pegada coas veas do dedo, mellorando a súa precisión considerablemente. Os dispositivo funciona sen contacto, conéctase ao PC por USB 2.0 e sairá á venda en maio a un prezo de entre 305 e 370 dólares, e o seu fabricante agarda vender 400.000 unidades en 3 anos.
O scanner HS100-10 é compatible con Windows XP/Vista/7, mide 5,2 x 8,9 x 4,8 centímetros, pesa 90 gramos, ten unha resolución de 600 puntos por polgadas e pode operar a temperaturas de entre 5 e 35 graos centígrados, unha humidade de entre o 20 e o 80% en un contorno cunha luminosidade inferior a 3.000 lux.

PUBLICIDADE