NBA Live estrea versión para iPhone/iPod Touch

luns, 26 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Electronic Arts está a lanzar unha importante ofensiva nos móbiles, e actualmente temos que 7 dos 10 videoxogos máis vendidos para o iPhone/iPod Touch son desta compañía, liderados por Rock Band, Tetris e Madden NFL10, que pronto terán que facer ao novo xogo da compañía para o iPhone, NBA Live, que xa está á venda na App Store por 7,99 euros, e que permite xogar con 30 equipos da NBA en modo tempada (incluíndo 82 partidos), en modo exhibición ou participando nun intenso modo Playoffs cuns impresionantes gráficos 3D.
O xogo ten un sistema de control bastante intuitivo, baseado nun stick analóxico virtual, aproveitando tamén o acelerómetro para lanzar tiros libres con precisión. Tamén goza dunha banda sonora con 15 ritmos de cantantes coma Matt and Kim, Snook Dogg e Xzibit, e da narración de Marv Albert.

Nos tiros libres hai que facer uso do acelerómetro

PUBLICIDADE