NBA 2K21 chega a Xbox Game Pass

mércores, 3 de marzo do 2021 Marcus Fernández

O servizo de Xbox Game Pass está a converterse nunha opción moi atractiva para os amantes dos xogos deportivos, xa que o 4 de marzo reciben grandes xogos deportivos, como son Madden NFL 21 (accesible a través de EA Play), o xa clásico Football Manager 2021 (tanto dende PC como dende Xbox) e o magnífico NBA 2K21 (dispoñible tanto en Xbox como no xogo en streaming), aos que en abril sumarase o NHL 21 de consola en abril (a través de EA Play).
Probablemente a incorporación máis atractiva do mes sexa a de NBA 2K21, xa que estamos ante a franquía de baloncesto líder dende hai anos, pero tamén destaca polo feito de que, aparte de permitir o xogo dende consolas Xbox, tamén está dispoñible en móbiles Android a través de streaming (en proximamente o xogo na nube de Xbox abrirase a iOS e a ordenadores persoas), permitindo así que poidamos botar unha partida ao baloncesto electrónico en case calquera momento e lugar.
Para os que non chegue con estes títulos deportivos de primeira fila, este mesmo mes tamén chegará a EA Play Star Wars: Squadrons para Xbox, polo que os amantes de Star Wars tamén teñen un título moi interesante ao que chantar o dente.

NBA 2K21 chega a Xbox Game Pass permitindo o xogo dende consolas e tamén en dispositivos con Android a través de streaming

PUBLICIDADE