NBA 2K13 chega hoxe a Xbox 360, PS3, PSP e PC

venres, 5 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Tras a súa chegada a dispositivos móbiles, o xogo NBA 2K13 estrea hoxe versión para Xbox 360, PlayStation 3, PSP e PC para fortuna dos afeccionados aos títulos de baloncesto, que convértese no novo referente do xénero cun nivel de calidade impresionante (que en boa medida foi o responsable de que NBA Live 13 non chegue a saír á venda) e, sen dúbida, o xogo estrela de 2K Games, que tamén terá versión para Wii U que sairá un pouco despois do lanzamento da nova consola doméstica de Nintendo.
Entre as novidades do NBA 2K13 está o contar con comentarios en español por primeira vez na franquía, novo sistema de control por stick (que permite un mellor control dos caneos e disparos) e incluso poder xogar co mítico Dream Team de 1992 ou coa selección masculina de EE.UU. de 2012.
Amais, con NBA 2K Everywhere, pode levarse a experiencia de NBA 2K a calquera lugar a través unha nova aplicación para móbiles, un xogo social en Facebook e a versión para móbiles de NBA 2K13 (para iOS e Android). NBA 2K Everywhere ofrecerá aos xogadores novos xeitos de xogar, e tanto a aplicación móbil como a de Facebook permitirán aos usuarios implentar os datos e a experiencia do novo NBA 2K13 para Xbox 360, PS3 e PC, engadindo un novo nivel de conectividade e continuidade á franquía de xogos de baloncesto.

NBA 2K13 permite revivir partidos de lenda


Trailer de lanzamento do NBA 2K13

PUBLICIDADE