N.O.V.A. 3 estréase como o shooter de referencia para iOS

xoves, 10 de maio do 2012 Marcus Fernández

Gameloft estrea hoxe na App Store unha nova entrega da saga Near Orbit Vanguard Alliance, N.O.V.A. 3, que por 5,49 euros chega como aplicación universal para iPhone e iPad, e que destaca polos seus excelentes gráficos (grazas ao uso do Unreal Engine) e un frenético modo multi xogador. Tamén supón un importante cambio de orientación desta franquía, de xeito que aínda que resultaba evidente a inspiración das súas dúas primeiras entregas estaba na saga Halo, esta nova parece beber de Crysis 2, o que agradecerá que desexe gozar dun xogo de tal corte nun dispositivo móbil.
O xogo conta cunha trama épica repartida en 10 niveis de grande realismo, numerosos poderes e armas, batallas de 12 xogadores en 6 modos de xogo (capturar a zona, todos contra todos, capturar a bandeira...) en 6 mapas diferentes, os aliados poderán compartir vehículo e os elementos do campo de batalla poderán destruírse.
Un excelente título para os usuarios que queiran gozar dun FPS no seu dispositivo móbil, e que destaca especialmente no iPad, onde o seu nivel gráfico afástase bastante ao que estamos afeitos nun tablet.


Trailer do xogo

O xogo chega o iPad cun gráficos espectaculares grazas ao uso do Unreal Engine

PUBLICIDADE