My Little Pony terá xogo móbil antes de rematar o ano
martes, 16 de outubro do 2012
Os Power Rangers, He-Man, Son Goku... numerosas iconas da
infancia están a estrear videoxogos, e na mesma liña Gameloft vén de anunciar no
marco da Comic-Con de New York da
pasada fin de semana que están
a preparar un xogo móbil para iOS e Android de My Little Pony (Mi
Pequeño Pony), liña de
xoguetes de Hasbro que chegará ás pantallas do iPod Touch, iPhone, iPad e
outros trebellos móbiles para permitir aos xogadores construÃr unha Ponyville
de seu (na liña do xogo dos Pitufos)
á vez que animan as partidas con pequenos mini xogos nos que encarnar a un dos
póneis protagonistas para superar distintas probas como saltar para coller
mazás ou voar para capturar nubes brancas (evitando as nubes negras).
O xogo chegará ás tendas de descargas de aplicacións a finais de ano, e pasa asÃ
a engrosar un dos moitos produtos que hai ao redor desta franquÃa na que non
falta series de televisión, pelÃculas e incluso xogos para Game Boy Advance e
Nintendo DS, de aà que o seu salto aos dispositivos móbiles non sexa unha
grande sorpresa.
- O novo tÃtulo de Gameloft inclúe mini xogos para non limitarse a ser un clon de FarmVille