Mvix MX-760HD: disco duro multimedia de alta definición

luns, 21 de maio do 2007 Marcus Fernández

Mvix engade ó seu catálogo un novo disco duro multimedia que pode achegar vídeos a case calquera televisor, pero que destaca por dar imaxes de alta definición e poder conectarse tanto por rede Ethernet coma por Wi-Fi.
O Mvix MX-760HD ten saídas DVI, por compoñentes, por vídeo composto e por RCA, podendo achegar os contidos a través dos seus conectores USB 2.0, Wi-Fi e LAN (Fast Ethernet).
Reproduce diversidade de formatos de vídeo coma DivX, Xvid, MPEG 1/2/4, WMV-9, ASF, DAT, DVD, ISO, MP3, WMA, AAC, OGG, PCM, AC3, DTS, BMP, JPEG, PNG e outros, o que o converte nunha atractiva solución para levar tódolos contidos de alta calidade que descarguemos da Internet a un televisor podendo aproveitar a súa resolución, xa que o novo dispositivo de Mvix permite achegar unhas imaxes nítidas a unha resolución de ata 1.920 x 1.080 píxeles en formato progresivo, ou sexa, unha interesante solución para os que non queiran agardar ó Blu-ray ou ó HD DVD para ver contidos de calidade.

PUBLICIDADE