Mundos Digitales pechou cun relatorio sobre os efectos visuais de Game of Thrones

luns, 15 de xullo do 2019 Marcus Fernández

A décimo oitava edición de Mundos Digitales pechou co relatorio de Félix Bergés, Marga Vilalonga, David Ramos e Javier Roca, do Ranchito, sobre os efectos especiais de Game of Thrones, charla para a que se esgotaron as entradas, deixando claro o interese por moitas das actividades desta cita anual que xunta na Coruña a profesionais da animación, os efectos visuais e os novos media de todo o mundo.
Outro dos momentos máis esperados deste congreso é a cerimonia de entrega dos os premios International Animation Festival, gala que tivo lugar a última hora da mañá e na que recoñeceuse a traxectoria profesional de Gonzalo Rueda pola súa achega á industria no campo da animación.
A maiores, La Noria recibiu o galardón á Mellor Curta Nacional e o Premio do Público. O audiovisual, que foi a imaxe de Mundos Digitales antes da súa estrea, cultivou innumerables premios internacionais e nacionais como o Goya na súa última edición. O premio á Mellor Curtametraxe levoullo Spring de Blender Animation Studios e o Premio Especial do Xurado foi para Horse Piste.
Mundos Digitales clausurou a súa 18ª edición o sábado, xuntando a unhas 1.500 persoas que durante tres días acudiron a algunha das conferencias que impartiron expertos nacionais e internacionais, profesionais dos estudos punteiros en animación e responsables dos efectos das producións máis populares como a xa mencionada Game of Thrones, Spider-Man: Un Nuevo Universo ou Dumbo, entre outras moitas.

PUBLICIDADE