Mundos Digitales abre mañá as súas portas na Coruña
mércores, 10 de xullo do 2019
O Congreso
Internacional Mundos Digitales, que se celebrará na Coruña do 11 ao 13 de
xullo, presentouse esta mañá en PALEXCO como a edición máis ambiciosa en canto
a programación e ámbitos que cobre o evento, onde a realidade aumentada para broadcast
e a realidade mixta como nova liña de creación de contidos súmanse aos xa
habituais como son a animación ou os videoxogos. A cita é todo un referente no
seu campo e nesta edición reunirá a máis de 1.500 asistentes, o que supón un
aumento dun 30% respecto ao ano pasado.
Ao acto de presentación conducido polo director do congreso, Manuel Meijide, acudiu
tamén a nova alcaldesa herculina, Inés Rey, quen salientou que o sector da
animación é «parte do noso presente, pero ten que ser parte importante da
Coruña do futuro».
No amplo programa deste ano, cabe destacar presentacións dos
proxectos máis importantes do ano como Dumbo, Hellboy ou a flamante gañadora do
Óscar á mellor pelÃcula de animación deste ano, Spider-Man: Un Nuevo
Universo.
A Sesión Especial de El Parque Mágico, a grande
aposta para este ano de Paramount Pictures Animation, cun orzamento de 100 millóns de dólares, será unha mostra da
magnÃfica saúde da animación nacional, da que un dos seus supervisores que
participará nesta presentación saÃu da numerosa canteira que a Universidade da
Coruña ten nos estudos máis importantes do mundo.
Un ano máis, unha das actividades máis esperadas do congreso
será a Feira de Emprego, que se consolidou como a segunda máis importante de
Europa e que congrega a numerosas compañÃas ávidas de atopar novo talento para
incorporar nas súas próximas producións.
Pero sen dúbida, un dos puntos fortes desta edición será a
chegada da realidade aumentada en tempo real para producións broadcast,
que cambiará por completo a forma de consumir contidos audiovisuais
incorporando personaxes virtuais e escenarios tridimensionales en programas televisivos nos que converxerá a imaxe
real e virtual como unha única contorna, e todo iso en tempo real.
A realidade virtual ha vindo para quedar de forma definitiva
a través dos novos dispositivos gráficos, pero Mundos Digitales vai un paso
máis aló e contará os as últimas tecnoloxÃas e dispositivos (aÃnda non dispoñibles
no noso paÃs) de realidade mixta. Unha nova onda que se une á realidade virtual
para conformar o que se coñece como o mercado inmersivo dos contidos.
O Premio Especial que cada ano entrega o congreso a un
profesional pola súa achega ao sector da animación, recae este ano en Gonzalo
Rueda, director do estudo Ilion Animation Studios, responsables de producións
como Planet 51, Mortadelo y Filemón ou El Parque Mágico.
- Mundos Digitales presentouse esta mañá en PALEXCO, recinto que acollerá o encontro dende o xoves até o sábado.