MultiVersus será un xogo de loita en plataformas con personaxes da Warner
xoves, 18 de novembro do 2021
Warner Bros Games anunciou un novo xogo de loita en
plataformas (na liña dos Smash Bros. de Nintendo) que chegará en 2022 a
PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X|S e PC con xogo cruzado. MultiVersus tirará proveito de
numerosas franquÃas da Warner, de xeito que poderemos ver en acción a
personaxes como Batman, Superman, Wonder Woman, Harley Quinn (do Universo DC),
Shaggy (de Scooby-Doo), Bugs Bunny, Tom e Jerry, Arya Stark (Game of Thrones),
Jake e Finn (Hora de Aventuras), Steven Universe e Garnet (de Steven
Universe) e a un novo personaxe orixinal, Reindog.
Contar con grandes personaxes será un importante reclamo para este xogo no que
poderán amosar as súas habilidades especiais a través de escenarios recoñecibles
das súas propias franquÃas (como a Batcova). MultiVersus tamén terá
distintos modos de xogo (1 contra 1, 2 contra 2 ou todos contra todos para 4
xogadores), resultando especialmente rechamante que a Warner decidise lanzar
este tÃtulo como Free-to-Play, o que pode darnos a entender que
incorporará moitos personaxes e contidos paulatinamente para conseguir fidelizar
aos xogadores a longo prazo e asà poder facer negocio con micropagamentos, afastándose
do modelo de negocio do brawler de Nintendo.
VÃdeo no que presentan MultiVersus