Movistar rexistra un incremento de uso da súa rede móbil no Nadal

martes, 26 de decembro do 2023 Redacción

O Nadal implicou un ano máis un maior uso tanto de datos como de voz nas redes móbiles, concretamente o día 25, cando Movistar rexistrou un tráfico de datos un 17% superior con respecto ao Nadal de 2022, sendo as 22:00 o momento do día no que máis se empregaron os datos.
No que respecta á voz, a rede móbil de Movistar rexistrou o día 25 un 3% máis de tráfico respecto á mesma data en 2023, e as 12:00 da mañá do día 24 de decembro foron o momento do día no que máis se empregou a voz. Ademais, este domingo 24 foi o día festivo con maior tráfico de voz de todo o mes de decembro.
Neste Nadal o uso da voz foi máis intensivo na Noiteboa, previsiblemente con chamadas de felicitación, mentres que os datos aumentaron o seu uso no Nadal, especialmente ao final do día cando xa se produciron os encontros festivos.