Movistar introdúcenos nos vehículos conectados cun pequeno dispositivo

luns, 17 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Os dispositivos que tiran proveito do porto OBD-II do automóbil non son ningunha novidade, de xeito que incluso temos algún de fabricantes como Samsung, e a propia Ford comercializa unha destas solucións para achegar acceso á Rede por Wi-Fi no vehículo, pero en España aínda non gozan de popularidade, o que pode mudar grazas a Movistar, compañía que vén de abrir a reserva do seu Movistar Car, un servizo que a través dun dispositivo OBD-II permite gozar dun coche máis seguro e conectado.
Movistar Car botará a andar en febreiro cun prezo de alta de 20 euros e mensualidades de 3 euros, e permitirá gozar no interior do vehículo dunha rede Wi-Fi para até 5 dispositivos simultáneos que ofrece 3 GB de datos ao mes; no caso de impactos realizará unha chamada de emerxencia de xeito automático; achega ao condutor información sobre posibles avarías; permite configurar alertas para saber dos movementos do vehículo, a localización ou o histórico de viaxes; e incluso inclúe descontos en servizos de terceiros.

Vídeo promocional de Movistar Car

PUBLICIDADE