Movistar comeza a cobrar pola identificación de chamadas en teléfonos fixos

luns, 23 de abril do 2018 Marcus Fernández

Entidades de defensa dos consumidores como FACUA están a alertar de dende o 19 de abril o servizo de identificación de chamadas de Movistar pasa a ser de pagamento, de xeito que quen queira poder coñecer o número de teléfono dende o que reciben chamadas no seu teléfono fixo terán que pagar 2 euros/mes, cando este servizo leva moitos anos ofrecéndose totalmente de balde.
Movistar comunicou aos seus clientes este cambio de tarifas a partires do pasado mes de setembro, de xeito que os usuarios terán que dar de alta o servizo se queren gozar do mesmo e, en caso de non querer asumir o seu custo, deixarán de gozar do mesmo. Iso si, do que se librarán os usuarios que xa teñan contratada algunha tarifa de Movistar poderán librarse de paga os 7,27 euros da cota de alta da identificación de chamada grazas a unha promoción.
Os usuarios poden comprobar se teñen activada a identificación de chamada a través de Mi Movistar, onde o servizo de identificación de chamada aparecería como servizo adicional da liña fixa, ou chamando ao 1004.

PUBLICIDADE