Movistar Plus+ chega a un acordo con DAZN para ofrecer os partidos de LaLiga

martes, 29 de marzo do 2022 Marcus Fernández

O pasado decembro sóubose que os dereitos das vindeiras 5 tempadas de LaLiga repartíanse entre Movistar e DAZN, e finalmente DAZN pechou un acordo de distribución non exclusivo con Movistar Plus+, de xeito que esta plataforma, aparte dos encontros deportivos dos que xa ten dereitos de emisión faise tamén cos 175 encontros de LaLiga para as tempadas 2022/23 a 2026/27 como parte da oferta de DAZN integrada en tal plataforma, tanto a través da súa aplicación como das súas canles lineais.
Cómpre salientar que os afeccionados ao fútbol que non sexan clientes de Movistar Plus+ poderán contratar o paquete DAZN LaLiga directamente na aplicación móbil de DAZN, accedendo así a 5 partidos por xornada. É de esperar que nas vindeiras semanas tamén saibamos de acordos de distribución dos contidos de DAZN a través de varios operadores de telecomunicacións.

PUBLICIDADE