Movistar Fusión incrementará a velocidade da súa fibra óptica
venres, 27 de novembro do 2020
Movistar vén de anunciar que a
partir do 12 de xaneiro incrementará a velocidade da súa fibra óptica de 600
Mbps até 1 Gbps simétrico, o que case supón dobrar a velocidade de
descarga, mentres que os clientes con tarifas de 100 Mbps pasarán a gozar de
conexións a 300 Mbps.
Dende a compañía lembran que a súa fibra vén mellorando a súa velocidade dende
2015, cando pasaron as conexións de 100 Mbps a 300 Mbps; estreando as conexións
simétricas en 2016 e levando as conexións de 300 Mbps a 600 Mbps en 2018; polo
que este sería un avance máis na mesma dirección.
Os usuarios que queiran gozar desta nova velocidade poderán activala dende a aplicación
móbil de Mi Movistar ou a través da páxina web da compañía a partir do 12 de
xaneiro, mentres que os novos clientes xa recibirán a nova velocidade no
momento da súa alta.
Estes cambios de velocidade corresponden aos clientes das tarifas Fusión, que mudarán
de prezo a partir do 18 de xaneiro, cun incremento de 2 euros na cota mensual
de Fusión 0 e de 3 euros ao mes para o resto de tarifas.