MouseCraft chega por fin a Xbox

venres, 21 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

O divertido xogo de quebracabezas do estudio polaco Crunching Koalas que propoñía mesturar as mecánicas de xogo de Tetris coas de Lemmings, MouseCraft, continúa a espallarse entre plataformas, e tras comercializarse para PC, para Nintendo Switch, para PS Vita, PlayStation 3 e PlayStation 4, chega por fin a Xbox One, convidándonos a axudar a Schrödinger, un gato científico tolo, a completar a súa misteriosa invención impulsada por ratos, para o que haberá que un camiño seguro para os roedores colocando bloques de Tetris.
MouseCraft sae á venda para Xbox One a un prezo de 9,99 euros, mentres que a versión para PC na tenda de Windows custa 4,99 euros e a de Switch está de oferta a 2,99 euros, polo que parece máis que recomendable agardar a algún desconto antes de mercar este título para a consola de Microsoft.

JPEG - 131.9 KB
MouseCraft mestura Tetris e Lemmings dun xeito divertido e orixinal

PUBLICIDADE