Motorola presenta un teléfono sen fíos con Android

xoves, 7 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

En 2009 naceu o sistema operativo Android, e 2010 pode ser o ano no que se consolide, especialmente se vemos a forte aposta que fan por el algúns fabricantes coma Motorola, que non só o meten en teléfonos móbiles, senón que incluso o introducen no teléfono sen fíos Motorola HS1001, que funciona cun procesador DSPG ARM9 a 240 MHz, unha pantalla resistiva de 2,8 polgadas, 256 Mb de ROM e 128 Mb de RAM, lector de tarxetas microSD e sistema operativo Android 1,6 que conta con dobre conectividade Wi-Fi (para comunicarse coa base do teléfono para a voz e coa rede Wi-Fi doméstica para poder navegar pola Rede).
Con este dispositivo levamos ao ámbito doméstico un produto que poderiamos confundir de xeito doado cun móbil, que podería saír no segundo trimestre de 2010 a uns 149 dólares.

PUBLICIDADE