Motorola Spice: orixinal móbil con Android, compacto e con superficie traseira táctil
mércores, 6 de outubro do 2010
Non todos os
usuarios gustan dos terminais telefónicos de grande tamaño á vez que tamén
queren gozar das prestacións avanzadas que achega o sistema operativo Android,
de aà que existan dispositivos coma o Sony Ericsson X10 mini e tamén o novo Motorola Spice, que
cunhas dimensións de 97 x 61 x 16,8 milÃmetros e un teclado QWERTY deslizante
pretende combinar un deseño compacto coa produtividade que permiten os teclados
fÃsicos.
O Motorola Spice tamén conta cunha pantalla táctil de 3 polgadas cunha
resolución de 240 x 320 pÃxeles, conectividade HSDPA e Wi-Fi, GPS, cámara de 3
MpÃxeles e unha superficie traseira táctil chamada BACKTRACK, que facilita a
navegación e o desprazamento por páxinas web sen ter que colocar os dedos
diante da pantalla obstaculizando a visión da mesma.
Este novo móbil con Android 2.1 (incluÃndo o acceso ao Android Market e coas
principais aplicacións de Google precargadas) chegará
ao mercado no último trimestre do ano, sen concretarse aÃnda o seu prezo.